dimanche 15 mars 2020

Traballo 3º ESO ( semana 16-30 abril)


Bo día!
Tal e como sabedes temos que enviarvos traballo para que nestes 15 días non perdades contacto co curso. No caso de francés tedes que ir mirando e facendo a unidade 4.
Nesta unidade ides ver o passé composé que é algo que xa vistes o curso pasado. De todas formas déixovos un enlace do blog para que poidades recordar a súa formación.
No voso libro só tedes o cadriño da páxina 47 que non está moi completo. Botádelle un ollo os seguintes enlaces.


Unha vez teñades claro e revisado como se formaba realizade as tarefas do cuadernillo.
Páxina 38: 1,2, 3, 4, 5
Páxina 39: 6,7,8,
Páxina 40: 1,2,3,4,5

Así mesmo tratarei de mandarvos aos correos que teño unhas fichas de repaso do passé composé con ÊTRE e con AVOIR. Intentade entre vós pasarvos o correo e compartilo.

Moito ánimo e coidádevos moito.
Esperemos canto antes poder volver á normalidade.
Un saúdo
Reyes

Recordade que calquera dúbida podedes escribirme ao correo:


1 commentaire: